05 xullo, 2017

Oración da mañá en Sobrado


Sobrado dos Monxes, 10 de xuño de 2017


ORACIÓN DA MAÑÁ


1.- Saúdo de paz.

Breve exercicio de silencio interior integrador na presenza do noso Deus.

2.- Presentación e proclamación do Salmo 19 (a dous coros):

Os ceos proclaman a gloria de Deus,
o firmamento pregoa as obras das súas mans.
Un día pásalle ao outro a mensaxe,
unha noite transmítelle á outra a noticia.

Sen que falen nin conten,
sen que se sinta a súa voz,
por toda a terra vai o seu anuncio,
ata os confíns do mundo a súa palabra.

Ao sol púxolle alá no ceo unha tenda:
coma un desposado, sae da súa alcoba
e, ledo coma un heroe,
percorre o seu camiño.

Sae dun extremo do ceo,
a súa órbita chega ata o outro extremo,
nada escapa da súa calor.


Cantiga:

MANDAS O TEU ESPÍRITO (3)
E RENOVAS O ROSTRO DA TERRA.
A MIÑA ALMA BENDÍ O SEÑOR,
MEU DEUS, QUE GRANDE ES!

A lei do Señor é perfecta:
reconforta a alma;
a declaración do Señor é firme:
fai sabio o ignorante.

Os mandatos do señor son rectos:
aledan o corazón;
o precepto do señor é transparente:
ilumina os ollos.

O respecto do señor é puro:
permanece por sempre;
as decisións do Señor son verdadeiras:
enteiramente xustas.

Son máis cobizables ca o ouro,
Máis ca o metal precioso;
son máis doces ca o mel,
máis ca o zume dun panal.

Aínda que quen te serve os quere cumprir
e pon coidado en gardalos,
quen se decata dos erros?

Só ti me podes limpar de canto se me esquece,
só ti me podes preservar da soberbia,
para que non me domine.
Entón serei persoa perfecta,
limpa de grave pecado.

Que te comprazas nas palabras da miña boca,
no latexar do meu corazón,
Señor, miña rocha, meu redentor!

Gloria ao Pai, ao fillo e ao Espírito Santo
como era nun principio, agora e sempre,
por sempre eternamente. Amén.

Cantiga:

A TÚA PALABRA É O MÁIS GRANDE BEN,
DÁNOS A ESPERANZA,
MANTENNOS NA FE(2).

Compartir:

Preces co xesto de veliña.

Noso Pai

Bendición:

DEUS QUÉRETE BEN
E EU TAMÉN TE QUERO;
QUE VIVAS O DÍA
CON FORZA E SOSEGO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.