martes, 28 de febreiro de 2017

Terceiro encontro do curso 2016 / 2017

  

Oración: Corpo, palabra, silencio, rito: estoupido de vida e de amor.

Rito de acender as velas do Pai/Nai (branca), de Xesús o fillo (vermella) , do Espírito Santo (verde).

De pé, coas mans en xesto de oración, acompañamos o acendemento de cada vela cunha estrofa da canción. Ao final, coas mans xuntas, cantamos a estrofa 4.


Ai, nós cremos en Deus Pai,
ai, nos cremos en Deus Pai,
que nos enche o corazón.
Que nos enche o corazón,
fonte limpa, vida, unión.

E Xesús anda connosco,
e Xesús anda connosco
luz rebelde, compaixón.
Luz rebelde, compaixón,
fiel amigo, irmán maior.

Nas mans do Espírito Santo,
nas mans do Espírito Santo,
gozo, alento e ilusión.
Gozo, alento e ilusión,
algo novo nace en nós.

Ai, con Deus soñamos xunt@s,
ai, con Deus soñamos xunt@s
unha Terra máis mellor.
Unha Terra máis mellor,
pra quen sofre amarga dor.

Oración de silencio interior integrador.

Sentamos e facemos oración de silencio interior integrador, seguindo as indicacións que se nos vaian dando, para integrar na oración o corpo, a vida que hai nel, os sentidos, as ideas, os sentimentos, as persoas que forman parte da nosa vida, todo o noso ser. 

Empregaremos un mantra nalgúns momentos: Deus Pai ou Cristo Xesús.

Rezamos xunt@s ao final a oración de C. de Foucauld. E cantamos de novo a primeira estrofa da canción.

ORACIÓN DE C. DE FOUCAULD

Meu Pai,
abandónome a ti,
fai de min o que ti queiras.
O que fagas de min agradézocho.


Estou dispost@ a todo,
acéptoo todo
con tal que a túa vontade se faga en min
e en todas as túas criatura.
Non desexo nada máis, meu Deus.

Poño a miña vida nas túas mans,
doucha, meu Deus,
con todo o amor do meu corazón
porque te amo,
e porque para min amarte é darme,
poñerme nas túas mans
sen medida,
con absoluta confianza,
porque ti es o meu Pai

Somos persoas de bendición: todo o bo de Deus vén sobre nós para que o compartamos con quen nos rodea. 

Concluímos a oración dando e recibindo a bendición coas dúas persoas que temos ao noso redor. N., eu bendígote no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.