xoves, 22 de decembro de 2016

Segundo encontro do curso 2016 / 2017



O NOSO NADAL VIVENTE

Estamos de parto, como diciamos á mañá. Imos construír o noso Nadal vivente. Cada quen asome o papel que queira asumir nesta construción.

a) Retomamos a canción que nos acompañou pola mañá:

E RORRO, RORRO, MEU NENO
E RORRO, RORRO, MEU AMOR!

b) Imos lendo estas palabras do Papa Francisco para o Nadal:
  1. O Nadal adoita ser unha festa ruidosa: viríanos ben un pouco de silencio, para oír a voz do Amor.
  2. Ti es o Nadal, cando decides nacer cada día e deixar entrar a Deus na túa vida.
  3. Ti es o abeto do Nadal, cando resistes vigoroso os ventos e dificultades da vida.
  4. Ti es os adornos do Nadal, cando as túas virtudes son cores que adornan a túa vida.
  5. Ti es a campá do Nadal, cando chamas, congregas e buscas unir.
  6. Ti es tamén a Luz do Nadal, cando iluminas coa túa vida o camiño dos demais coa bondade, a paciencia, a alegría e a xenerosidade.
  7. Ti es os anxos do Nadal, cando lle cantas co mundo unha mensaxe de paz, de xustiza, de amor.
  8. Ti es a estrela do Nadal, cando conduces a alguén ao encontro co Señor.
  9. Ti es tamén os Reis Magos, cando dás o mellor que tés sen importarche a quen.
  10. Ti es a harmonía do Nadal, cando conquistas a harmonía dentro de ti.
  11. Ti es regalo do Nadal, cando de verdade es amigo/a, irmán/á de todo ser humano.
  12. Ti es a postaliña do Nadal, cando a bondade está escrita nas túas mans.
  13. Ti es sorriso de confianza e de tenrura, na paz interior do Nadal perenne que establece o Reino dentro de ti.

c) Ímonos achegando libremente ao portal do Nadal, collemos un caravel e ofrecémolo ao tempo que nos presentamos no que queremos ser e contribuír ao novo nacemento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.