domingo, 6 de marzo de 2016

Terceiro encontro do curso 2015 / 2016


Rezamos cos catro elementos: corpo, palabra, silencio, signo.

Signos: unha ola de barro: "Levamos este tesouro en cuncas de barro" (2Cor 4,7). Escoba.

1.- Encontro comigo mesmo, cos demais, con Deus a través do meu propio e precioso corpo.

Canto:
COMO CHE CANTAREI, MEU DEUS, / COMO CHE CANTAREI?
COMO CHE CANTAREI, MEU DEUS? / TAN POUCA COUSA EU SON!

2.- Pregaria:

Non fai falla que ninguén mo diga, Señor,
ben sei eu que son de barro,
aínda que ás veces o esqueza.

Levo sinais de barro no meu corpo fráxil,
no meu espírito inseguro,
nas miñas sombras, nas miñas dúbidas.

Quero e non podo,
soño e non constrúo os meus soños,
falo e as miñas palabras dórmenseme nas mans.

Seino ben,
cantas veces renego de min mesma,
de facerme home ou muller entrañable,
á altura da túa voz asentada en min!

Seino ben,
cantas veces ignoro a quen me rodea,
esquecendo que é meu irmán, miña irmá,
carne da miña carne, soño dos meus soños!

Seino ben,
cantas veces me desentendo de ti,
oio ás xordas as túas palabras,
e rexeito a man que pousas sobre min!

Seino ben,
cantas veces uso egoistamente as cousas,
o que teño, o que son,
sen querelo saber propiedade común,
ao alcance e servizo de todos, de todas!

Seino ben,
cantas veces debato, disinto, divido,
buscando impoñer, fuxindo do encontro,
onde estás esperando en silencio!

Seino ben,
teño a vida cuberta de horas, de nomes,
envoltos en fume;
teño a vida repleta de fames,
e ti, fartura ignorada,
ti dentro dela.

3.- Lectura do Evanxeo:  Lc 15,8-10
É a resposta de Deus, en palabras de Xesús, á nosa condición pecadora.
Somos moeda valiosísima que Deus busca apaixonadamente.
En cinco minutos de silencio vémonos así en Deus.

4.- Facémonos por un momento varredoras/es de Deus, lembramos persoas, situacións que están chamando por nós para ser atopados pola bendición de Deus.
Rezamos xuntos/as o NOSO PAI.

5.- Rematamos colléndonos as mans e dicíndonos mutuamente:
ES HOME/MULLER DE BARRO,
COUSA PRECIOSA, / QUE DEUS BUSCA APAIXONADAMENTE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.