25 novembro, 2012

Entrevista a Mª Victoria Molins


O pasado venres tiven a oportunidade e a sorte de ter acendida a radio no momento que entrevistaban á monxa teresiana Mª Victoria Molins. Foi unha desas entrevistas que te gratifican.
 

     Cando nos medios de comunicación estamos acostumados a ler ou ouvir cousas negativas da nosa Igrexa, escoitar a esta monxa contando a súa experiencia persoal de opción polos pobres, polo que ela chama o cuarto mundo (neste caso aos empobrecidos da cidade de Barcelona), fai que unha se sinta orgullosa de confirmar que hai xente moi boa neste mundo tan convulso.
    
     Valentía, autenticidade, coraxe, alegría, positivismo, entrega, AMOR... Isto e moito máis desprende esta muller. Fálanos dos pobres máis pobres; dos que perderon a súa dignidade; de un Deus-Amor e dunha vida entregada a sementar ese amor, a amosar ao Deus misericordioso aos máis necesitados. Transmítenos o poder dunha aperta, dun sorriso, dunha caricia... qué razón ten!
     
     Son vinte e cinco minutos de conversa que paga a pena escoitar.
    
     (premer en "oir") 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.