29 febreiro, 2012

5 de marzo: Domingo II de Coresma (B)



Evanxeo: Mc 9, 2-10


Comentario:
 
     O relato deste Evanxeo pódenos parecer estraño e algo fantasioso. Está construído polo evanxelista desde unhas referencias, a veces veladas, a veces manifestas, a elementos da tradición relixiosa, espiritual, xudía: o monte, o Sinaí, como lugar de encontro con Deus; os dous personaxes que viviron ese encontro: Moisés e máis Elías; os vestidos radiantes, como lle pasara a Moisés, cando baixara do monte despois de ter experimentado algo da presenza de Deus; a nube como expresión desa mesma presenza, real pero misteriosa; o conforto, a satisfacción, pero tamén

22 febreiro, 2012

26 de febreiro: Domingo I de Coresma (B)

Evanxeo: Mc 1, 12-13

Comentario:

  • Válenos de algo andar ás voltas outra vez coa Coresma? Tal como andan as cousas, coa chea de problemas que envolven a toda a xente, sobre todo á xente máis débil, ten sentido dedicarlle algún tempo a isto da Coresma? A fe, a relixión, Deus, Xesús, o Evanxeo pode significar algo para o home ou a muller que están no paro, ou que están collidos polo medo a que mañá poden perder o traballo, ou que ven como día a día as posibilidades de vivir con dignidade, aínda que sexa na pobreza, son menores? Non podemos desvencellar a Coresma de todo isto que a día de hoxe estamos vivindo. Deus, Xesús, non quere tampouco desvencellar a súa presenza de todo isto que a diario nos preocupa. Ao contrario, nisto que é a nosa vida quere acompañarnos solidariamente.

13 febreiro, 2012

19 de febreiro: Domingo VII do Tempo Ordinario (B)

Evanxeo: Mc 2, 1-12

Comentario:

  • Moi posiblemente, unhas persoas máis ca outras, esteamos algo enredadas co asunto do Entroido: ese estoupido de troula que pode convocar demandas fondas de liberdade e de ledicia fraternas, e que pode agochar ou canalizar torpemente moitas desilusións ante o que nos está tocando vivir nos tempos actuais. Xesús non quere estar alleo a nada diso, e ofrécenos a súa palabra, a súa presenza, a súa forza para axudarnos a xestionar diariamente a loita e a festa.

07 febreiro, 2012

12 de febreiro: Domingo VI do Tempo Ordinario (B)

Evanxeo: Mc 1, 40-45

Comentario:

  • Este relato pecha esa xornada completa de Xesús, que o evanxeo de Marcos sitúa case ao comezo do seu escrito, para ofrecernos o contido e as formas de actuación de Xesús na súa tarefa evanxelizadora.

05 febreiro, 2012

Festa do Lume 2012




EN MEMORIA DA VIDA, MORTE E RESURRECCIÓN DE XULIO LOIS





AO ABEIRO DA MEMORIA DA VIDA, PAIXÓN E MORTE DE XESÚS DE NAZARÉ.

1.- Presentación e ensaio.

2.- A luz, o lume, que nos ilumina, clarifica e purifica.

CANTIGA
A Cristo cantamos na luz que alumea,
a Cristo cantamos co lume da fe.

LECTURA DO EVANXEO: Mt 6,22-23.

02 febreiro, 2012

5 de febreiro: Domingo V do Tempo Ordinario (B)

Evanxeo: Mc 1,29-39

 Comentario:

  • Xa diciamos no comentario do domingo anterior que Marcos nos estaba presentando de forma corrida unha xornada completa da vida que Xesús determinara coller despois de romper co grupo de Xoán Bautista, ao que estivera vinculado por un tempo considerable. O texto de hoxe séguenos contando cousas desa xornada evanxelizadora de Xesús.

In memoriam: Miguel Carneiro Mosquera

O 24 do pasado mes de decembro, día de Noiteboa, deixounos de modo inesperado Miguel Carneiro. O noso querido compañeiro e amigo Miguel, Jamé para os seus máis achegados. Marchou sen tempo a despedirse, por iso resultan hoxe especialmente significativas as palabras coas que , hai cinco anos, lles dicía adeus aos seus fregueses das unidades parroquiais de San Fiz de Monfero e Santa María de Verís. Acollémolas hoxe desde un sentimento emocionado e coa certeza fonda que a súa mensaxe permanece viva e actual no medio de nós. Non hai mellor “in memoriam” que a memoria viva e vivificante que nos traen as súas mesmas palabras.

CANDO FALTAN AS PALABRAS ... GRAZAS

            A vida é unha estraña mestura de erros e de acertos, de principios e finais, de renuncias e de encontros, de risas e de bágoas, de proxectos e de etapas que se acaban e doutras que aínda temos que percorrer...

01 febreiro, 2012

Celebración da Eucaristía: 28 de xaneiro de 2012



Eucaristía do 28 de xaneiro
1.- Símbolo: O pan e o viño que se empregaron na oración da mañá como símbolo están de novo como símbolo nunha mesa no medio do lugar da oración. Explicar o uso que imos facer de ese símbolo. Coma as primeiras comunidades cristiás, dobre comida na celebración, que se complementan e unifican.

Traballo entre sesións: 28 de xaneiro - 10 de marzo de 2012


(Terceira sesión: do 28 de xaneiro ao 10 de marzo de 2012)

Lecturas

Ø  TORRES QUEIRUGA, A., Culpa, pecado e perdón, Caderno Escola de Espiritualidade, pxs. 26-43.
Ø  BURGALETA, X., A pastoral do pecado no sacramento da Penitencia, Caderno Escola de Espiritualidade, pxs. 44-50.
Ø  TORRES QUEIRUGA, A., O matrimonio como sacramento, Caderno Escola de Espiritualidade, pxs. 5-27 (a continuación dos artigos anteriores).

Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:

*      Ao redor do pecado, do perdón, das formas de celebrar o perdón na Igrexa houbo e está habendo debate, diversidade de criterios e vivencias na nosa sociedade e mesmo no seo da mesma Igrexa. Observa se na lectura que vas facendo atopas orientacións que che axuden.

Oración da mañá do 28 de xaneiro de 2012

Símbolo: unha vela acesa, un molete de pan, unha xerra de viño.


Pregaria

Estás aquí, estás
en min, dentro de min
no meu máis íntimo, 
debullando comigo as miñas penas,
as miñas risas, os meus soños,
erguéndote coma lapa de esperanza
para alumar camiños entre tebras.
Estás en min, estás
calado, firme, ao pé da vida,
ignorado, se cadra,
pero fiel,
porque non podes dicir que non,
que non me queres,
porque che doio na alma,
ben o sabes,
e es por min Pai e Nai
de entrañas brandas,
de camiños misteriosos
e metas claras.